Partidazo dos nosos Prebenxamíns na mañán do domingo na súa visita ao Barro C.F. para a disputa da novena xornada de Liga. Os rapaces de Manu e Iago,  que traballaran a reo durante a semana para chegar ben preparados ao encontro, demostraron un gran nivel competitivo.

20151207025924-1O encontro estivo marcado pola igualdade entre os dous equipos, que logrou algo case inédito nestas categorías: unha primeira parte sen goles, chegando co 0-0 inicial ao descanso. Estaba claro que os pequenos detalles ían a marcar o resultado final do encontro e así foi. Adiantouse o Barro C.F. nada máis comezar a segunda parte, por medio de David Piñeiro. Golpeaba primeiro o Barro e tocáballe aos nosos lograr o máis difícil: remontar. E foron quen de facelo grazas a dous tantos doutro David Piñeiro, neste caso o morañés. Marcou o noso pequeno xogador no 30 e no 32 para darlle a volta ao encontro e certificar unha nova victoria, xa que o resultado non se moveu.

Moi bo traballo dos Pres, que paso a paso seguen a medrar na súa evolución e van deixando cada vez mellores sensacións. Noraboa e a seguir traballando nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Barro C.F. 1 – 2 Moraña C.F.

Barro C.F.: Brais Iglesias, Brais García, Mónica, AArón, Héctor, Hugo, Lois, Roque, Anxo, Pablo, Pedro, Mencía e David.

Moraña C.F.: Rubén, Aarón, Xabi, Xoel, Iago, David, Aleixo, Joel, Lois, Pablo, Darío, Aitor e Nico.

Goles: 1-0 David (minuto 26); 1-1 David (minuto 30); 1-2 David (minuto 32)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario