A Categoría de Veteranos do Moraña C.F. viaxou na tarde do sábado a San Vicente, para enfrontarse ao Bar Rons na doceava xornada de Liga. Un equipo de veteranos que tivo que facer auténticos números para poder xuntar 11 xogadores para viaxar neste desplazamanento debido ás numerosas baixas coas que convive o equipo, de ata case 10 xogadores por diversos motivos (lesións, compromisos laborais…) e que tivo que aliñar a dous xogadores tocados físicamente, e repescar nesta tempada a Ventura e sobre todo ao gran Ernesto Casal, que se volvía a vestir de curto para axudar ao equipo.

O encontro, a pesares deste hándicap foi igualado durante a primeira hora, tendo incluso o Moraña a ocasión máis clara da primeira parte nos pes de David. Chegouse 0 a 0 ao descanso.

Na segunda parte, e segundo ían pasando os minutos, o Bar Rons pechaba aos morañeses máis atrás, e o cansancio comezaba a facer mella nos nosos. O encontro rompeuso no minuto 64, cando nun desaxuste defensivo, un centro lateral é finalizado maxistralmente polo dianteiro grovense á escadra esquerda da meta morañesa. Este 1 a 0 foi unha losa para os morañeses, que xa o vían difícil antes dese gol. Tivo Eloy Rodríguez o 1 a 1 nun man a man nunha gran contra na que Toño pon un pase ao espazo á carreira do amilense, pero non foi quen de marcar.

Pecharon a victoria os locais a pouco do final, nunha gran xogada persoal do interior dereito, que cruza o balón ao pao corto de preciso disparo.

Poucas conclusións que sacar deste encontro e desta nova derrota dos Veteranos, que agora mesmo dependen máis do Sergas e dos compromisos dos xogadores que do propio fútbol. Agardamos que segundo vaian recuperando xogadores, o equipo volva á senda dos bos resultados. Ánimo e a seguir pelexando!!

FICHA TÉCNICA

Bar Rons 2 – 0 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Rafa Sierra, Juan, Toño, Mario, Fuentes, Ventura, Sayáns, Yeyo, Eloy, Ernesto Casal e David.

Compárteo!

Deixa un Comentario