• Os Senior pechan a 18-19 na que foron Campeóns cunha victoria.

Última xornada desta Liga histórica para o Moraña C.F., adiantada ao sábado xa que ningún dos dous conxuntos pelexaban por ningún obxectivo. Esto reflectiuse no partido, no que se viviron varios momentos con falta de intensidade. Só cando o equipo aceleraba, se xerou perigo.

O primeiro gol foi de Celso, aproveitando un rexeite tralo saque dunha falta, cunha espectacular volea. Era o minuto 25. Este gol fixo que o Moraña se acomodara aínda máis, baixando o pistón. O campo e a climatoloxía tamén axudaba, xa que o calor era abafante. Goldar fixo o 0-2 no minuto 52, nunha contra na que conduciu o balón medio campo para regatear ao porteiro e facer o segundo. Reduciu distancias o Bamio no 56, cando Samu transformou un claro penalti.

De novo Celso poñía terra de por medio no 52, tras unha boa combinación con David e Yeray, na que se planta só ante Raúl e o bate definindo a un lado. O Bamio tivo opción para recortar de novo dende os 11 metros, pero Anxo adivinou e detivo esa pena máxima. Antes do pitido final, Jonathan fixo o definitivo 1-4.

Con este encontro péchase esta tempada 2018-2019, que pasará á historia do Moraña C.F. Agora a descansar e a preparar ben o regreso á Primeira Rexional.

FICHA TÉCNICA

C.D. Bamio: Raúl, Alexandre, Roberto, Pablo, Conde, Gonzalo, Juan, Samu, Ricardo e Raúl. Tamén xogaron Felipe, Adrián e Santi.

Moraña C.F.: Anxo, Iván Goldar, Salva, Celso, Yeray, Iván Vidal, Edu, Ferro, Borja, Allan e Rodrigo. Tamén xogaron Andrés, Pedro, David Grande, Pablo Porta e Jonathan.

Goles: 0-1 Celso (min. 25); 0-2 Goldar (min. 52); 1-2 Samu, penalty (min. 56) ; 1-3 Celso (min. 59); 1-4 Jonathan (min. 67).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario