Aquí vos deixamos todos os encontros que as distintas seccións do Moraña C.F. disputarán esta fin de semana.

  • Abren a xornada o sábado os Alevíns, que se enfrontan ás 10:00 ao San Martín C.F. en Vilaxoán.
  • Os Benxamíns viaxan a Cambados, para enfrontarse ao Juv. Cambados a partires das 11:00 no Pombal.
  • Ás 11:30 os Cadetes visitan O Leixo, para medirse ao Armenteira C.F.
  • Ás 12:00 no Buelo, os Infantiles reciben ao C.D. Mosteiro.
  • Os Biberóns xogan ante á E.F. Biberóns 2.000 ás 12:20 no Pavillón de Lourido.
  • Xa pola tarde, os Veteranos xogan no Pombal (Cambados) ante o Albariño ás 16:30.
  • O domingo pola mañán, os Prebenxamíns xogan nas Lombas (Catoira) ante o Catoira S.D. a partir das 11:00.
  • E pola tarde, o Primeiro Equipo viaxa a Vilanova, para enfrontarse en Monte Redondo á S.D. Chispa a partires das 17:00.

Tamén se xogarán no Buelo dous partidos de Veteranos:

  • 16:00 A Rula – Bodegon
  • 18:00 Castañal – Terras de Curro

Moita sorte a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario