Aquí vos deixamos os horarios de todos os encontros que as distintas categorías do Moraña C.F. van a xogar esta fin de semana!

  • Os Xuveniles adiantan o seu encontro para o venres, xogando ante o Barro C.F. ás 19:00 no Buelo.
  • Abren a xornada do sábado os Benxamíns “A”, xogando no Buelo ante a U.S.D. O Grove a partir das 11:00.
  • Mesma hora e mesmo campo para os Benxamíns “B”, que se enfrontan ao S.C.D. Salcedo “B”.
  • Ás 11:45, os Prebenxamíns xogan ante a S.D. Monteporreiro no Municipal de Monteporreiro.
  • Os Infantiles viaxan ao campo de O Cabalo, para enfrontarse á E.F. Cobres ás 12:00.
  • Pechan a xornada de mañán os Alevíns, que reciben no Buelo ao Figueirido C.F. “B”
  • Pola tarde, temos derbi de Veteranos, entre Moraña C.F. e Caldas Veteranos. En Mirallos a partir das 16:30.
  • Na mañán do domingo, os Cadetes xogan no Príncipe Felipe ante a S.C.D. Salcedo, a partir das 11:30.
  • E pola tarde, os Senior viaxan ao Racelo para enfrontarse ante A Lama S.D. a partir das 17:00.

Ánimo e sorte a todos!!

Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR