Aquí vos deixamos todos os encontros das distintas categorías do Moraña C.F. para esta fin de semana.

  • Os Cadetes abren a fin de semana, xogando en Monte Redondo ante o S.D. Chispa a partir das 10:00.
  • Tamén madrugarán os Prebenxamíns, que viaxan á Illa para xogar ante o Céltiga C.F. na Bouza a partir das 10:00.
  • No Buelo, os Xuveniles reciben ao U.D.S. Grove «B» a partir das 12:00.
  • Debutan na Liga de Poio os Biberóns, xogando ante a E.F. Portero 2.000 a partir das 13:10 no Pavillón de Lourido.
  • Xa pola tarde, os Veteranos reciben a partir das 19:15 no Buelo ao Godos CFV.
  • Xa na mañán do domingo, os Benxamíns reciben no Buelo ao C.D. Bueu a partir das 10:30.
  • A continuación, os Infantiles xogan tamén no Buelo ante o Caldas C.F. a partir das 12:00
  • Os Alevíns pechan a súa participación na primeira parte da Liga xogando en Outeiro-Perdecanai ante o Barro C.F. a partir das 12:00.
  • E o Primeiro Equipo recibe en Mirallos a partir das 16:00 ao San Andrés C.F.

Ademáis destes encontros, xogarase no Buelo o encontro de Veteranos entre o Cafeteria Pasaje e o Peña Racing a partir das 16:00.

Compárteo!

Deixa un Comentario