Aquí deixamos todos os encontros que as distintas categorías do Moraña C.F. van a disputar esta fin de semana. Sorte a todos!

  • Os Cadetes abren a xornada, recibindo na mañán do sábado á A.D. Arousa F7 no Buelo a partir das 10:00.
  • Os Benxamíns son os seguintes en competir, xogando ante o Villalonga no Revel ás 11:00.
  • No Buelo, ás 12:00, os Prebenxamíns reciben ao Domaio F.C.
  • Os Biberóns volven a xogar na Liga de Poio, esta vez ante a A.D. Sagrado C. en Lourido ás 12:00.
  • Xa pola tarde, os Veteranos reciben ao Caroy S.D. no Buelo a partir das 18:00.
  • O domingo,  os Xuveniles madrugan para ir ao Berdón a enfrontarse á A.D. Arousa F7.
  • Os Alevíns tamén teñen que madrugar, ao xogar co C.D. Ribadumia ás 10:00 na Senra 2.
  • No Buelo, os Infantiles reciben á E.F. Villa de Marín «B» a partir das 12:00.
  • E o Primeiro Equipo, reciben no Municipal de Mirallos á A Lama S.D. a partir das 16:15.

Ademáis destes encontros, xogarase no campo de O Buelo o encontro de Veteranos ás 16:00 do sábado A Rula – Dispant Pinturas.

Compárteo!

Deixa un Comentario