Esta fin de semana, teremos fútbol só o sábado, cos seguintes encontros:

  • Aos Alevíns tócalle madrugar, ao ter que viaxar á Illa para xogar fronte o Céltiga C.F. «B». O encontro disputarase na Bouza a partir das 10:00.
  • Tamén madrugarán os Prebenxamíns, que xogan nas Lampáns (O Grove) outro encontro da Copa Consolación ante a S.D. Amanecer, a partir das 10:00.
  • Os Infantiles xogan no Buelo a partires das 12:00 ante a S.D. Monteporreiro.
  • Os Biberóns xogan a quinta xornada da BibeCUP en Caldas, a partir das 12:30
  • Os Veteranos xogan partido de Copa, ante o Portonovo. No buelo, a partir das 17:00

Ademáis destes encontros, xógase o Cafetería Pasaje – Montecarrasco ás 19:00 no Buelo. Sorte a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario