Con dous equipos xa en Competición (Senior e Veteranos), os equipos da Base seguen a preparar a tempada con amigables. Estes son os encontros que teremos esta fin de semana:

  • O Venres teremos amigables entre Alevíns e Arosa S.C. no Buelo a partir das 18:00, e Prebenxamíns vs. Caldas C.F. á mesma hora e mesmo campo.
  • A continuación destes encontros, xogarase tamén no Buelo ás 19:00 o Benxamín vs. Arosa S.C. e Benxamín «B» vs. Arosa S.C. «B».
  • O Sábado, os Cadetes xogan no Buelo a partir das 10:00 ante a A.J. Lérez.
  • Os Xuveniles fano a continuación, tamén no Buelo e ante o mesmo rival. O encontro comezará ás 12:00.
  • Pola tarde, os Veteranos reciben no Buelo a partir das 17 aos Veteranos de Villalonga.
  • E o Domingo o Primeiro Equipo viaxa ás Corticeiras para medirse co Caldas C.F. ás 18:30 nun interesante derbi.

Moitísima sorte a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario