Xa vai rematando a tempada, pero quedan aínda moitos partidos interesantes. Aquí os tedes todos:

  • Comeza a xornada o sábado ás 10:00, xogando os Infantiles no Buelo ante a U.S.D. Grove.
  • A continuación, os Benxamíns «A» xogan no Buelo partido de Copa ante o San Martín C.F. a partir das 11:40.
  • Mesma hora e campo para o Benxamín «B» ante o Juv. Cambados «B», tamén en eliminatoria de Copa.
  • Tamén partido de Copa para os Prebenxamíns, que xogan nas Corticeiras ante o Caldas C.F. a partir das 12:00.
  • Os Alevíns viaxan ao Príncipe Felipe, para xogar ante a I. Dep Pontevedra a partir das 12:00.
  • Pola tarde, os Veteranos pechan a Liga ante o Chorigal Cerponzóns en Chan do Santos a partir das 16:30.
  • O domingo pola mañán, os Cadetes reciben no Buelo ao Marín C.F. a partir das 12:00.
  • E ás 17:00, o Primeiro Equipo xoga en San Pedro ante o Marín C.F. o último encontro de Liga para tentar asaltar o ascenso directo. Para este encontro o Clube vai a facilitar un Autobús que salirá da Carballeira de Santa Lucía ás 15:00.

    Os interesados en ir neste Autobús ao partido, deben anotarse no Clube ou no teléfono 609 934 681 antes das 18:00 do Venres.

Moito ánimo e sorte  a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario