BIBERÓNS 0 – 1 Caldas C.F.

Segunda xornada desta Segunda fase da Liga de Poio na que os Biberóns reeditaban o derbi xogado fai un par de semanas ante o Caldas C.F. Outra vez un partido igualadísimo e que se decidiu nos pequenos detalles. Proba desta igualdade foi o marcador final, 0-1 para os caldenses, algo case incrible no fútbol biberón e que fala do bo traballo defensivo dos dous equipos.

Os nosos traballaron a reo para polo menos acadar o empate pero non foron quen de logralo. A seguir traballando, que xa nos queda pouca liga!!

A seguir pelexando!! Moito ánimo Bibes!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Hugo Moure, Hugo De La Torre, Eric, Iago, Lucas, Saúl, Alba, Héctor, Jorge, Dani Rey e Anxo.

PREBENXAMÍNS 5 – 1 Céltiga C.F.

 

Bo partido o xogado polos nosos Prebenxamíns na mañán do sábado no Buelo, ante un bo rival como é o Céltiga C.F. Os nosos peques xogaron a un bo nivel, tal e como nos teñen acostumados e cun inspiradísimo Mario, acadaron a victoria.

Foi Mario o que abriu a lata no minuto 7, e puxo o 2-0 no 12 do primeiro tempo. Estes dous goles, reforzados polo bo traballo defensivo de todo o equipo fixo que este fose o resultado ao descanso. Nos segundos 25 minutos, Mario volvía a «mollar», facendo o 3-0 no minuto 29. Chegou a reacción visitante, ao facer Brian o 3-1 só un minuto despois, pero de novo Mario marcaba no 36 para darlle a tranquilidade de que os puntos non marchaban de Moraña aos nosos. Xoel puxo o quinto no minuto 39 para deixar o marcador no definitivo 5-1.

Noraboa aos Pres por esta victoria que significou tamén a despedida do que foi o seu míster ata este sábado, Kevin, que ten que deixar o posto por motivos laborales. Dende o clube lle agradecemos o bo traballo realizado ata o día de hoxe e lle desexamos a mellor das sortes nesa nova aventura laboral.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Mauro, Mario, Adrián, Fernando, Antón, Pedro e Lois.

Céltiga C.F.:  Samuel, Xabi, Brian, Unai, Gael, Gustavo, Sergio, Carlos, Iker e Daniel.

Goles: 1-0 Mario (min. 7); 2-0 Mario (min. 12); 3-0 Mario (min. 29); 3-1 Brian (min. 30); 4-1 Mario (min. 36); 5-1 Xoel (min. 39)

Villagarcía S.D. 2 – 2 BENXAMÍNS

 

Auténtico partidazo o que se viviu na mañán do domingo no campo de Berdón entre o Villagarcía S.D. e os nosos Benxamíns. Os rapaces de Eloy xogaron a un gran nivel, e cun bo traballo colectivo acadaron un empate remontando por dúas veces.

Adiantáronse os locales no minuto 6 de partido, algo que podía facer pensar que era un mazazo para os nosos. Pero nada máis lonxe da realidade, os nosos, espoleados por ese tanto pelexaron a reo toda a primeira parte ata que Anxo cun gran lanzamento de falta poñía a igualada xusto antes do descanso, no minuto 20). O encontro volvía a comezar.

Tralo paso polos vestiarios os vilagarcianos volveron a poñerse por diante, cun gol de Alejandro nada máis comezar. E de novo, os nosos non tiraron a toalla e pelexaron con forza ata que de novo Anxo de falta directa facía o 2-2 que resultou ser o marcador definitivo. Bo traballo dos Benxamíns, a seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Unión Dena C.F.:  Hugo, Pedro, Bruno, Asier, Alejandro, Héctor, Sergio, Nico, Pablo, Dani e Álvaro.

Moraña C.F.:  Darío Maceiras, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Álex, David, Ethan, Rubén, Darío Redondo e Jonathan.

Goles: 1-0 Pedro (min. 6); 1-1 Anxo (min. 26); 2-1 Alejandro (min. 26); 2-2 Anxo (min. 34).

Alevíns 1 – 2 C.D. Arcade

 

Nova xornada da Segunda Fase da Liga Alevín, e novo partido igualado e disputadísimo na mañán do sábado no Buelo. Os rapaces de Juan xogaron a un gran nivel durante todo o encontro, e mereceron cando menos o empate, pero non puido ser.

Os goles concentráronse no primeiro tramo do encontro. Lago facía o primeiro para os visitantes no minuto 5 e Pablo poñía máis distancia no 13. Mateo lograba acurtar só un minuto despois, e parecía que a reacción local era un feito, pero non se moveu máis o electrónico no resto do encontro, e este 1-2 foi o resultado final.

Gran traballo dos Alevíns, xogando nunha liga dura e competindo e pelexando de tú a tú con todos os rivales. A seguir así!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  André, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Abel, David, Raúl, Saúl, Damián, Jorge e Aday.

C.D. Arcade:  Dirgo, Manuel, Mateo, Lago, Pablo, Guillermo, Javier, Alejando, Rodrigo, Hugo, Xoel e Reda.

Goles: 0-1 Lago (min. 5);  0-2 Pablo (min. 13); 1-2 Mateo (min. 14)

A.C.D. Ancora d´Ouro 1 – 3 Infantiles

 

Nova xornada e nova victoria protagonizada polos nosos Alevíns, que xa ocupan a terceira plaza da Liga. Os rapaces de Alberto viaxaron a Marín para enfrontarse a un rival moi duro na súa casa. Con moito traballo, acadaron os puntos.

O primeiro gol tardou en chegar e foi obra de Domi, que está en racha. Era o minuto 28, e este 0-1 foi o resultado no descanso.

Este marcador deixaba algo de incertidume, xa que o Ancora estaba en «distancia de partido», pero Raúl no 55 poñía a tranquilidade e de novo Domi «mataba» o encontro no 58 co seu segundo gol da mañán. Roberto acurtaba as diferencias case co pitido final e este 1-3 foi o resultado definitivo.

Noraboa  aos Infantiles, a seguir pelexando ata o final!!

FICHA TÉCNICA

A.C.D. Ancora d´Ouro FS:  Raúl, Mohamed, Rodrigo, María (Rafa, min. 66), Jorge, Víctor, David, Roberto, Manuel, David e Adri.

Moraña C.F.:  Óscar (Iván, min. 41), Isma, Jonathan (Iván Suárez, min. 66), Rubén (Adrián, min. 73), Domi, Pereira, Raúl, Javi (Lucas, min. 59), Juanma (Álex, min. 46), Dani Fontán e Anxo.

Goles: 0-1 Domi (min. 28); 0-2 Raúl (min. 55); 0-3 Domi (min. 58); 1-3 Roberto, min. 79)

CADETES 2 – 2 Unión Dena C.F.

Os Cadetes sacaron un empate na mañá do Sábado ante o Unión Dena C.F. nun bo partido no que estiveron preto de acadar os tres puntos. Os rapaces de Gepe sairon moi enchufados ao encontro, e lograron poñerse por diante 2-0, con dous goles de Isma Escariz nos minutos 25 e 28. Esta vantaxe de 2-0 foi o resultado ao descanso.

No segundo acto, os visitantes lograron empatar o encontro cos goles de Iago, que marcou no 46 e de Dani no minuto 62. Nos últimos minutos, o partido poido caer para calquera dos dous equipos, pero ao final as ocasións non se materializaron e o 2-2 foi definitivo. Noraboa por este punto acadado aos Cadetes e aos Infantiles que lles foron botar unha man. A seguir competindo!!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.:  Jorge, Álex (Isaac, min. 57), Pablo Sende (Pereira, min. 65), Andrés, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González, Pablo Ares (Isma Fernández, min. 50), Isma Escariz e Fernando.

Xuv. Sanxenxo:  Mateo, Ero (Joel, min. 75), Alejandro, Iago, Christian, Manuel, Samuel (Brais, min. 57), Raúl (Joel, min. 41), Jorge (Dani, min. 44), Moldes e Eloy.

Goles: 1-0 Isma Escariz (min. 25); 2-0 Isma Escariz (min. 28); 2-1 Iago (min. 46); 2-2 Dani (min. 62)

E.D. Poio 3 – 1 XUVENILES

 

Os Xuveniles viaxaron na mañán do sábado á Reiboa, para enfrontarse ao líder da categoría nun interesantísimo encontro. Os rapaces de Celsiño plantaron cara durante gran parte do encontro, que foi en gran medida de ida e volta, pero sucumbiron na segunda metade.

Nos primeiros 45 minutos os nosos comezaron ben, traballando ben en defensa e salindo ben ao contraataque. Tivo Ferro unha ocasión clarísimo sobre o minuto 20, só ante o porteiro na que disparou «ao muñeco». Os locais foron tomando cada vez máis dominio e xerando perigo, pero chegouse con empate a cero ao receso.

Na reanudación, a E.D. logrou abrir o marcador no minuto 47 por medio de Christian. Este gol condicionou o encontro, xa que os nosos tiveron que ir máis ofensivamente a polo empate, e os locais aproveitaban os espazos para xerar ocasións. Miguel no 55 e Andrés no 71 puxeron un claro 3-0 favorable para o Poio, e no último tramo Jose acurtou distancias para os nosos, deixando o marcador en 3-1. Ben competido.

FICHA TÉCNICA

E.D. Poio:  Guillermo (Brian, min. 45), Tomas, Dani (Meis, min. 72), Fran, Jonathan, David, Christian (Miguel, min. 70), Andrés, Yacobo, Daniel (Enrique, min. 65) e Miguel (Alejandro, min. 59).

Moraña C.F.:  Manu Carracedo, Jorge, Iago, Adri, Martín, Gabriel, Jorge, Héctor, Raúl, Abalo e Xián.

Goles: 1-0 Christian (min- 47); 2-0 Miguél (min. 55); 3-0 Andrés (min. 71); 3-1 Jose (min. 85)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario