Comeza o bo para todos os equipos de Fútbol 11 do Moraña C.F. Aos Veteranos e Primeiro Equipo, súmanselle Xuveniles, Cadetes e Infantiles co seus debuts ligueiros. Estes son todos os partidos:

  • A xornada ábrese na mañán do sábado no Buelo, cun encontro entre os Prebenxamíns e a A.C.D. A Seca no Buelo, a partir das 10:30.
  • Aínda pendente de confirmación, pero en principio os Benxamíns xogarán a esa mesma hora, tamén no Buelo e ante o mesmo rival. Pero repetimos, este encontro está sen confirmar. Saberase algo, mañán.
  • Os Xuvenis debutan na Liga ante a E.F.B. Vilanova, ás 12:00 no Terrón.
  • Os Veteranos buscan seguir coa racha, recibindo ás 18:00 no Buelo ao Vilagarcía Pazo da Golpelleira.
  • Xa na mañán do domingo, ás 10:00 o Cadete debuta ante a A.D. Arousa F7 no Berdón (Vilagarcía).
  • Tamén ás 10:00 en San Pedro (Marín) os Infantiles xogan contra a E.F. Villa de Marín «B».
  • O equipo Senior, viaxa a Racelo (A Lama) para xogar ante A Lama S.D. O encontro comezará ás 17:00.

Ademáis destes encontros, xogarase tamén no Buelo o encontro de Veteranos entre A Rula e Salcedo, a partir das 16:00.

Moitísima sorte a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario