Aquí vos deixamos todos os encontros que o Moraña C.F. vai xogar esta fin de semana.

  • Abren a xornada os Prebenxamíns o sábado no Buelo, xogando ante o Marcón Atl. ás 10.30.
  • Os Benxamíns «B» xogan á mesma hora e no mesmo campo ante a E.F.B. Terra de Montes.
  • O Benxamín «A» xoga en A Xunqueira (Pontesampaio) ás 11:00 ante a A.X.D. Verdugo.
  • Ás 12:00 os Alevíns xogan ante o Marín C.F. no Buelo.
  • Pola tarde, ás 16:00 os Xuveniles xogan ante o Vilalonga no Revel.
  • Será ás 16:00 tamén cando na Chanciña os Veteranos xoguen ante o Xeve Veteranos.
  • Os Infantiles xogan na Bouza, ante o Céltiga C.F. a partir das 18:15.
  • Na mañán do domingo, os Cadetes xogan ante a A.X.D. Verdugo na Xunqueira (Pontesampaio) a partir das 11:00.
  • E os Senior, xogarán un interesante derbi ante o Atl. Cuntis na Ran a partir das 17:00.

Moita sorte a todos!

Compárteo!

Deixa un Comentario