• O derbi cae do lado do Cuntis.

  • Seguimos sen sumar a domicilio.

Non puido ser. O Moraña visitaba A Ran para reeditar un derbi cargado de historia e de fútbol da nosa bisbarra buscando os primeiros puntos a domicilio da tempada. Xa sen Luis Oliveira no banquillo e con Daniel Ozores como adestrador provisional, o Moraña saiu con forza a este encontro. Non houbo moitas ocasións no primeiro tramo do encontro, pero ao filo do descanso, Abel dende a banda facía o primeiro gol.

Na segunda metade, os nosos saíron a buscar o empate, pero no minuto 65, Kapi facía o segundo, un gol que dificultaba en gran medida a reacción morañesa. Ambos conxuntos comezaron a mover os banquillos, introducindo homes de refresco buscando reactivar os seus equipos. E co tempo xa cumplido, un deses xogadores que saían dende o banquillo, o veterano Richi, facía o 3-0, resultado definitivo tralos 90 minutos.

Con esta derrota, os nosos seguen na metade da táboa con 15 puntos. Na próxima xornada, recibimos en Mirallos ao Castrelos. A prepararse con forza!!

FICHA TÉCNICA

Atl. Cuntis.: Saúl, Antonio, Álex, Juan, Kapi, Javi, Ángel, Adrián, Abel, Carlos e Arturo. Tamén xogaron Iván, Richi, Diego, Adrián e Luis.

Moraña C.F.: Anxo, Salva, Iván Goldar, Richi, David Grande, Teijeira, Ferro, Edu, Iván Vidal e Dani. Tamén xogaron Roberto, Chima, Caba, Borja e Pablo Cancela.

Goles: 1-0 Abel (min. 37); 2-0 Kapi (min. 65); 3-0 Richi (min. 92).

Compárteo!

Deixa un Comentario