Na foto o gardameta Fernando, uns dos destacados do partido.

Os Veterans do Moraña pedonan na primeira parte con ocasións  de gol clarisimas,  e na segunda sae xustamente goleado. O colexiado do encontro tragouse un penalti clarisimo no minuto 18′ sendo clamorosamente derribado dentro da area o dianteiro Nico.

Aliñaccións:

 Atl. Xeixo: Roberto; Ouleiro, Alexandro, Ferradás, Felix; Pouso, José Ramón, Pastoriza(44’Portabales); Espiña(35’Francisco), José(21′ Rodrigo, 62’Juncal) e  Sergio.

A.C.D. Moraña: Fernando(75’Vicente); Eloy(46′ Oscar, 60′ Pedro, 80′ Pablo), Juan, Yeyo, Fuentes; Sayáns(75’Ventura)Mario Costas, Celso; Nico, Santi Paz e Esteban. 

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto., 3.- Xogada de Santi Paz, que ante a saida do porteiro pica por riba o esferico, saindo por riba do largueiro.

Minuto.,12,-Balón en profundidade a Esteban, que novamente quere picar por riba o balón a o porteiro petándolle no peito.

Minuto.,18,-Xogada de Nico por banda ezquerda e dentro da area e derribado clamorosamente por un contrario , e ante o asombro de todos o colexiado non axubia.

Minuto.,18,- Cañonazo de Celso dende o borde da area e o balón bate no longueiro.

Minuto 40,- Xogada de toda a dianteira do Xeixo, plantándose só Pastoriza diante de Fernando que sae con rapidez facendose co balón.

Minuto.,43,- Xogada do Xeixo por mediación de Sergio que remata a pracer respondendo con unha gran intervención Fernando.

Minuto 55,- Novamente Sergio lanza un gran chut, respondendo Fernando con unha gran parada.

Minuto 57,-  1- 0,- GOOOOL do Xeixo,  Portabales vaise de Sayáns por banda ezquerda,  e dende a misma raya de fondo  centra e de carambola entra na porteria.  

Minuto 66,- 2-0,- GOOOOOOOL do Xeixo, unha perda de balón no centro do campo por parte de Celso, aproveitando Juncal e o seu centro rematao Francisco o fondo da rede.

Minuto 67,-3-0, GOOOOOOl do Xeixo, e pleno desconcerto do Moraña, nova perda do balón no centro do campo, recuperando Pouso,  pasándolle o esferico a Sergio, que ante a desperada saida de Fernando bateo por baixo.

ARBITRO: Axubiou o encontro o colexiado pontevedrés Manuel Martinez, con unha aceptable actuación,  e con só o lunar do penalty non señalado o Moraña. Gran deportividade dentro do terreo de xogo por ambos equipos non habendo tarxetas.

INCIDENCIAS: Tarde moi agradable para a práctica do fútbol (22º). O terreo de xogo, era un auténtico patatal, presentándo un estado calamitoso. O xogador do Moraña Oscar, tuvo que sair do terreo de xogo o sufrir un torcedura do nocello. 

DESTACADOS: Por o Xeixo o seu gardameta Roberto, Pouso, Sergio e José Ramón. Por o Moraña Santi Paz, Nico e o porteiro Fernando.

Compárteo!

2 comentarios

  1. Gracias por tús animos, de todas formas vuelve pronto y no hagas como Papá Noel, que no viene hasta Navidad.

Deixa un Comentario