• Un mal comezo, condena aos nosos.

Non se levaban xogando nin cinco minutos do agardado Derbi de hoxe pola tarde na Ran, e os nosos xa ían por debaixo no marcador. Unha falta lateral de Celso sobre Manu, foi aproveitada polos locais, colgando o balón e co remate de Diego, que facía o primeiro.

Non se repuxera o Moraña a este golpe cando no 15, un pase filtrado á espalda da defensa é aproveitado por Adrián para bater a Caba por segunda vez. Con este 2-0, os nosos deron un paso adiante, mentres o Cuntis se pechaba e buscaba aproveitar os erros e pechar o encontro. A pesares desta reacción, o resultado non se moveu antes do descanso.

Na segunda parte o Moraña entonouse e conseguiu crear algo máis de perigo buscando máis profundidade e comezando gañar os segundos balóns. Pero o Cuntis, moi ordenado, non deixaba espazos e pechaba ben os movementos dos nosos. A pesar desta mellora e de acadar máis ocasións, non puideron sacar nada os nosos, e os puntos quedaron na Ran.

A seguir remando, e a prepararse para a vindeira xornada, na que nos enfrontaremos ao Unión Sampayo.

Ficha Técnica

Atl. Cuntis: Saúl, Antonio, Diego, Juan, Javi, Richi, Manu, Cotón, Adrián e Luismi. Tamén xogaron Quique, Darío, Dani, Ángel e Fandiño.

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Julián, Salva, Rober, Celso, Pablo, David Santi, Chima e Velay. Tamén xogaron Anxo, Borja, Xoel, Héctor e Ferro.

Goles: 1-0 Diego (min. 3); 2-0 Adrián (min. 15)

Compárteo!

Deixa un Comentario