Os máis pequenos do Clube xogaron onte o primeiro encontro da tempada, ante o INDEPO de Pontevedra, no pavillón do Colexio. Todos os rapaces desfrutaron dunha gran tarde de fútbol, na que xogaron tres tempos. Notouse moito a falta de partidos contra un equipo con máis rodado nun partido no que o resultado final foi de 3-9, marcando Xabi e Xoel (2). O importante e que os nenos se divirtan e que vaian mellorando.

Xogaron Lucas, Xoel, Xabi, Manu, Erik, Dylan, Mauro, Iñaki e Gabi.

Bo traballo e primeiro paso dunha gran traxectoria para todos!

Compárteo!

Deixa un Comentario