Os Alevíns recibían na mañán de onte ao líder invicto da categoría, a E.F. Portero 2.000 nun encontro no que tocaba remangarse e competir para sacalo adiante. O equipo de Juan López fixo o que se lle pide a este conxunto: competir e dalo todo no encontro.

A pesares de que se tentou e se traballou ben, ao descanso o marcador reflexaba un 0-3 para os pontevedreses, e ao final dos 70 minutos, 0-8. Pagaron un pouco os alevíns a ausencia de cambios para refrescar ao equipo no segundo acto, e co cansancio non puideron competir tan ben.

Malia a todo, bo traballo deste conxunto, a seguir pola mesma liña e a dalo todo nas 6 xornadas que lle quedan. Ánimo Alevíns!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 8 E.F. Portero 2.000

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Sergio, Pablo, Yoel, Alejandro, Lucas, Amestoy, Mateo, Rubén, Jonathan e André.

E.F. Portero 2.000: Juan, Pablo, José, Jacobo, Marcos, André, Nicolas, Yago, Javier, Roi, Lucas, Hugo, Diego e Alejandro.

Goles: Yago (2), Javier (2), Jacobo, André, Diego e Alejandro.

Compárteo!

Comentarios Pechados.