Este vindeiro sábado, día 22 de Maio, os nosos Bibes van a vivir unha xornada de Adaptación ao campo de fútbol. Tras toda a tempada adestrando e competindo en pavillóns, e en previsión dos Torneos que van a xogar no que resta de tempada (que serán en campo aberto), os nosos peques van a disputar un partidillo de adestramento no Buelo a partires das 12:00 nun campo reducido.

Os seus adestradores van a dispor un campo especial de tamaño específico para eles, dividiranos en dous equipos, e a maioría dos Bibes van a vivir a súa primeira experiencia de partido «real» en campo aberto, con charla, quecemento, estiramentos, disputa de partido, estiramentos finais, ducha…

Este será o primeiro paso da adaptación dos Bibes, que irán adestrando neste último tramo de tempada no campo de O Buelo cando o tempo o permita.

Moito ánimo aos Bibes e a desfrutar da experiencia!!

Compárteo!

Deixa un Comentario