A alerta decretada pola Xunta conleva a suspensión de moitas competicións nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

Unha vez recibidos os comunicados da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e dunha serie de concellos, a Real Federación Galega de Fútbol actualiza a información referente á suspensión de competicións da modalidade de fútbol en esta xornada.

1. Quedan suspendidas todas as competicións dependentes da RFGF nas provincias de Pontevedra e A Coruña programadas para o sábado pola tarde, a partir das 15:00 horas.

2. Quedan suspendidas todas as competicións dependentes das Delegacións de Vigo e Pontevedra durante todo o día do sábado e tamén o domingo pola mañá.

3. Quedan suspendidas todas as competicións dependentes da Subdelegación da Costa da Morte durante toda a fin de semana.

4. A estas suspensións hai que engadir aqueles  partidos que non entran en ningún dos tres apartados anteriores pero que se teñen que suspender ao decidir os concellos a prohibición do uso da instalación deportiva respectiva, como é o caso de Ames, Santiago de Compostela, Ordes, Negreira e Noia, concellos estes que suspenden a actividade ao libre nas súas instalacións municipais durante toda a fin de semana.

A RFGF segue pendente da evolución do temporal por si fose necesario ampliar a suspensión a outras franxas horarias e categorías.

Compárteo!

Deixa un Comentario