• Os nosos volven á senda da victoria no momento xusto.

Novo encontro ligueiro xa na recta final desta Liga, visitan no Racelo a outro equipo da zona alta, A Lama S.D. Un partido que na primeira parte tivo ocasións claras para os dous equipos que non se traduciron en goles. Os nosos plantexaron o encontro dende atrás, tentando contrarrestar as perigosas contras dos locais e o seu poderío en balón parado.

Tivemos que agardar ata a segunda metade para ver goles. E a espera mereceu a pena. No minuto 49 aproveita un balón solto tras varios rexeites para, de chilena poñer cun golazo o 0-1. Este gol daba moito aos nosos, xa que lle permitía ao Moraña pecharse atrás e tentar matar á contra. Tivo A Lama o empate nunha xogada de balón parado, na que tras o rexeite de Caba, o xogador local reventa o balón contra o longueiro. Pero foi o Moraña quen volveu marcar. Rodrigo aproveita un balón solto na frontal para sacar un misil que se convirte no 0-2 no minuto 70.

Os locais non se renderon e co partido roto, Cristian a balón parado poñía o 1-2 que lle daba picante aos últimos minutos. Pero coas expulsións do último tramo, o encontro enfriouse, cun Moraña pechado a defender e buscando contras perigosas. Foi nestas contras onde por fin se sentenciou o encontro, primeiro cun gol de Andrés de cabeza no 89 e con outro golazo de crack de Rodrigo no 91 que mataba o encontro co 1-4.

Próxima parada, derbi co Caldas C.F. o vindeiro domingo. Vamos!!!

FICHA TÉCNICA

A Lama S.D.: Joaquín, Miguel, Alberto, Carlos, Adrían, Martínez, David, Gonzalo, Dani Casas, Cristian e Borja. Tamén xogaron Marcos, Alberto, Plácido, Borja e Luis.

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Rober, Iván Vidal, Edu, Ferro, Kevin, Celso, Andrés e Rodrigo. Tamén xogaron Anxo, Allan, Borja Fuentes, Pablo Cancela e Yeray.

Goles: 0-1 Rodrigo (min. 49); 0-2 Rodrigo (min. 70); 1-2 Cristian (min. 80); 1-3 Andrés (min. 89); 1-4 Rodrigo (min 91).

Compárteo!

Deixa un Comentario