•  Encontro marcado pola igualdade no que se veía claro que o equipo que abrira o marcador, se faría cos puntos.

Xa a xornada 22 da Liga, na que os nosos Senior viaxaban ao Racelo para enfrontarse ao A Lama S.D. Os nosos chegaban concienciados de que se querían sacar algo desta visita, debían traballar a reo. E saíron dende o primeiro minuto a eso.

Os dous equipos plantexaron o encontro buscando combinar, xogando o balón por abaixo e tentando chegar con moita presencia arriba o que convertiu o partido nun bo espectáculo futbolístico. Malia a iso, nos primeiros 45 minutos non houbo moitas ocasións para ningún dos dous lados, destacando un disparo co exterior de Celso que se paseou pola área, e un tiro lonxano de Javier que saíu alto por parte da Lama.

No segundo acto, a igualdade foi aínda máis clara, cos dous equipos buscando non encaixar e tentar facer o gol que os puxera en vantaxe. Os nosos non xeraron demasiado perigo, salvo entradas por bandas que non atopaban rematador. O único gol  do encontro chegou dunha contra local, cando tras unha xogada de ataque morañesa, a Lama sae rapidamente dende atrás cun balón largo que o dianteiro aguanta, conduce por liña de fondo e pon o centro á chegada da segunda liña na que Borja controla e define ben para poñer o 1-0. Era o minuto 80, e nos 10 restantes case non houbo fútbol, cos locais contemporizando e un Moraña que buscaba o empate á desesperada.

Co pitido final, chegaba a sexta derrota desta tempada. A vindeira xornada, recibimos á U.D.C. Vilaboa en Mirallos. A traballar duro para este encontro!

Ficha Técnica

A Lama S.D.: Marcos, Javi, Yonatán, Plácido, DIego, Alberto, Cristian, David, José, Borja e Pablo. Tamén xogaron Miguel, Gonzalo, Adrián, Dani e Jorge.

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Julián, Celso, Rober, Xoel, Ferro, Pablo, Santi, Chima e Velay. Tamén xogaron Héctor, Caba, Borja, Jonathan e Fabio.

Goles: 1-0 Borja (min. 80).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario