Debut da nosa categoría cadete na mañán do domingo, ante a A.D. Arousa F7 no Berdón. O equipo de Alberto Durán chegaba a esta cita mermado polas baixas pero coa intención de comezar a tempada de competición dando o máximo.

A chave do encontro estivo nos erros puntuais, xa que os nosos non fixeron mal partido, repartindo ben o traballo, se ben no segundo acto a diferencia en profundidade de banquillo se notou, e pagaron o esforzo. Pero mentres houbo gasolina, os nosos deron o callo.

Abriu o marcador Raúl no minuto 21, con reacción morañesa bastante rápida ao anotar Andrés de falta no 25. Durou pouco a alegría, xa que no 27 Víctor facía o 2 a 1. Con esta vantaxe local pola mínima se chegou ao descanso.

Nos segundos 40 minutos aconteceu o xa comentado: erros puntuais que acabaron en goles e pequeno baixón físico dos nosos, que fixo que Daniel (min. 46), e Yago por partida doble (49 e 54) puxeran en vantaxe á A.D., pechando case o partido coa diferencia de 5-1. Os nosos, como debe ser, non se renderon e seguiron pelexando ata o final, acadando Pablo Fraga o 5 a 2. David pechaba a conta marcando o 6-2 case co pitido final.

Bo traballo dos cadetes, que de seguro van a ir medrando paulatinamente nesta Liga. Ánimo, a superar todas as adversidades e a traballar e pelexar. A darlle duro!!

FICHA TÉCNICA

A.D Arousa F7: Rubén (Martín, min. 56), Alejandro (Matías, min. 45), Martín ,Raúl, Pablo, Marcos, Lucas (Manuel, min 48), Yago (David, min. 56), Daniel (Jose, min. 56), Pedro, Víctor.
Moraña C.F.: Jorge, Alex, Fernando, Pablo Sende, Andrés, Pereira, Pablo González, David, Dani (Isma, min. 65), Manu Sayáns e Pablo Ares.

GOLES: 1-0 Raúl (min. 21); 1-1 Andrés (min. 25); 2-1 Víctor (min. 27); 3-1 Daniel (min. 46); 4-1 Yago (min. 49); 5-1 Yago (min. 54); 5-2 Pablo Fraga (min. 68); 6-2 David (min. 74)

Compárteo!

Deixa un Comentario