O MORAÑA CAE NO ÚLTIMO  SUSPIRO DO ENCONTRO. OS AROUSANOS,  BUGALLO  E SEÑORANS, REVENTAN O ENCONTRO NOS MINUTOS 94 E 95, DANDOLLE VIDA A UN  AROUSA PRÁCTICAMENTE DESAUCIADO. O MORAÑÉS RÚA NA SEGUNDA PARTE,  A SAQUE DE ESQUINA EFECTUADO POR SANTI PAZ,  LANZOU UN ZAMBOMBAZO DENDE FORA DA AREA QUE FOI A CRUCETA DA PORTERIA, ABANEANDO  ESTA DURANTE VARIOS MINUTOS.

A.C.D. MORAÑA: Vicente; Ventura(60′ Rúa), Gerino, Juan, Fuentes; Esteban(35′ Vari), Nico, Sayans, Oscar(30′ Pachi Andión); Santiño e Santi Paz.

AROSA: Guillermo; Andrés, Rodiño, Bugallo, Nine(46’Conde); Carril, Punin(40′ Jimenez), Fernández, González(35′ Pomares); Roberto(59′ Gómez) e Señoráns.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

O Moraña deixou escapar, onte en Mirallos, unha victoria que tiña prácticamente finiquitada, nun partido con un trepidante final. Os erros  defensivos condenaron a o conxunto de Rúa,  nos tres tantos encaixados frente a un equipo, o de Gómez, que estivo durante todo o encontro,  e en termos boxisticos, contra as cordas.

Minuto 6,- GOOOOOLAZO do Moraña, xogada fermosa de Santi Paz que pasa ao seu socio Santiño, que de tiro cruzado bate a Guillermo.

Minuto 14,- Lanzamento dende fora da area do arousan Fernández, lucindose Vicente nunha gran parada e indo o esferico ao poste.

Minuto 16,-Xogado individual de Santi Paz, desbordando a todos os que lle salen ao paso, salindo por riba do largueriro o seu lanzamento.

Minuto 22,. GOOOOL  do Arousa, saque de esquina a traves de Punín,  e remata incompresiblemente,  só diante do porteiro,  Bugallo a o fondo da porteria.

Minuto 30,-Novo lanzamento de Santi Paz,  fora.

Minuto 41,-Xogada  de Roberto, plantandose só diante de Vicente, facendo unha gran parada.

Minuto 61,-Gran xogada de Esteban por banda, rematando Santi Paz, e paran de carambola entre o defensa Conde e o porteiro Guillermo.

Minuto 62,-Gran xogada de Nico, que centra a Santi Paz, este cede a Vari e só diante do porteiro incompresibelmente lanza fora.

Minuto 70,- Saque de esquina de Santi Paz  a Rúa e este dende fora da area lanza un cañonazo a cruceta da porteria.

Minuto 88,-GOOOOOOOOOL do Moraña, gran xogada de Santi Paz, cedendolle o esferico a Santiño sacando un gran tiro que bate novamente a Guillermo.

Minuto 89,- Gran xogada de Esteban, sorteando a todos os que lle salen ao paso, plantandose só diante do porteiro, parando Guillermo.

Minuto 94,- GOOOOOOOL do Arousa,  xogada de Bugallo, que de tiro raso bate a Vicente.

Minuto 95,- GOOOOOOOL do Arousa, xogada de toda a dianteira do Arousa, aproveitando Fernández para bater a Vicente.

ARBITRO: Asobiou o encontro o colexiado pontevedrés José Antonio Diaz Somoza, realizando un excelente arbitraxe. O final do encontro o colexiado felicitou a os dous conxuntos por a gran deportividade entre ambos.

INCIDENCIAS: Partido xogado no Municipal de Mirallos, con un terreo de xogo en excelentes condicións. Tarde soleada,  con moito vento. Gardouse un minuto de silencio por a morte da nai do xogador morañés Velay.

DESTACADOS: Por o Arousa, Bugallo, Nine e Fernández, por o Moraña Gerino, Juan, Nico, Sayáns e a sociedade Santi Paz e Santiño.

Compárteo!

2 comentarios

  1. Sobre las 18,30 de la tarde del sabado escuche una cosa rara en la Costa Brava, ya se lo fue ,el trayazo de Rua

  2. Amigo Tino, que e da tua vida, votamosche moito de menos, cando volves?. contamos contigo e ca tua dona para a cena de fin de tempada na Toxa. Unha aperta.

Deixa un Comentario