Na foto Gerino, que fixo de adestrador por ausencia de Rúa.

UN MORAÑA  MOI DESMOTIVADO, SEN ILUSIÓN E SEN ENTREGA, PERDE NA CASA  ANTE O C.D. ESTRADENSE  QUE FIXO O XUSTO PARA VENCER POR UN CONTUNDENTE 0-3, NUNHA TARDE ANGUSTIOSA DE CALOR (35º), CON ESTE RESULTADO OS DO CARNEIRO PASAN A POSTOS DE DESCENSO.

Aliñaccións:

A.C.D. Moraña: Vicente(46′ Fernando); Juan(31 Eloy), Sayans, Yeyo, Fuentes; Oscar(39’Vari), Mario, Ventura(31’Pedro); Celso(31’Nico),  Esteban(60′ Santi Paz) e Santiño(46′ Celso).

C.D. Estradense: Manolo; Varela, Couceiro, Figueiras, Jesús(75’Fernández); Pena(21’Rosende), Rivadulla(28’Gómez), Torres, Roberto, Barros(José Antonio) e Couso(25’José).

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto., 2,- Falta o borde da area do Moraña que saca Rivadulla e rechaza Vicente.

Minuto., 10,-  Nova falta o borde da area que volve a sacar Rivadulla e sae rozando o poste.

Minuto., 15,- Falta outra vez contra o Moraña que executa Couso, rematando ca testa Jesús, enviando a corner Vicente.

Minuto., 17,- Falta o borde da area do Estradense que lanza Celso e Manolo ben colocado envia a corner.

Minuto 18,- Corner a favor do Moraña que saca Celso, rematando Esteban saindo fora por pouco.

Minuto 19,- GOOOL  do C.D. Estradense, escapa por velocidade Couso e o seu centro e rematado de cabeza por Rivadulla o fondo da  porteria.

Minuto., 23,- GOOOL do C.D. Estradense, Sayans cede a Vicente que tarda na saida e ante a sua pasividade aproveita Pena para marcar.

Minuto 48,- Xogada do xogador do Estradense  Roberto que só diante de Fernando lanza fora.

Minuto 56,-Falta o borde da area do Estradense que lanza Pedro, saindo fora.

Minuto 57,- GOOOOOOL do Estradense, rechace da defensa morañesa que aproveita José Antonio para facer o terceiro da tarde.

Minuto 58,-Saque rapido de falta por parte de Pedro e Mario Costas  lanza un gran disparo enviando o porteiro a corner.

Minuto 69,- Gran xogada do Moraña con remate final de Santi Paz batendo o esferico no largueiro.

Minuto 70,- Centro de Pedro por banda dereita rematando Santi Paz, e dandolle o balón na testa o bó porteiro Manolo.

ARBITRO: Asúbiou o encontro o colexiado Pontevedrés José Antonio Rey Fierro, facendo un moi bó arbitraxe, demostrando unha gran preparación fisica. Enseñou unha tarxeta amarela o xogador do Estradense  Figueiras.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Campaña (Valga), por non ter dispoñible os morañeses o Municipal de Mirallos. O aspecto que presentaba o Municipal de Campaña (herba sintética) era  exclente, contando con unhas instalacións extraordinarias. Calor asfisiante 34º. Despois do encontro e na cafeteria do campo os morañeses tomaron unha boa merendola.

DESTACADOS: Por o Moraña só se salva   Mario Costas, todo pundonor,  facendo un gran desgaste fisico a pesar da alta temperatura que facia no campo.  Por o C.D. Etradense Pena, Ribadulla, Roberto e Torres.

Compárteo!

Deixa un Comentario